
O vindeiro xoves, día 2 de outubro, a partir das 12:00 horas, celebrarase, no Pazo de Mariñán, a xornada "Crowdfunding ou a arte de innovar cooperando", organizada pola Factoría de Innovación da Coruña co obxectivo de dar a coñecer o sistema que está a permitir a emprendedores e pemes acceder a recursos económicos a través de Internet.
O principal obxectivo desta acción é analizar este novo modelo de financiamento que está a revolucionar o mundo dos emprendedores que, mediante a suma de pequenas achegas económicas de internautas, están a conseguir sacar adiante as súas ideas de negocio.
A participación nesta sesión, así como en todas as actividades organizadas pola Factoría de Innovación da Coruña, é gratuíta. Os interesados deben realizar a súa inscrición a través da páxina web www.eoi.es/fdi/coruna [3] ou enviando un correo electrónico a fdi_acoruna@eoi.es [4]
Programa da xornada
11:45h. Rexistro de asistentes e presentación da xornada
12:00h. Introdución e vantaxes do CrowdFunding - Diego Calvo. Factoría de Innovación da Coruña
12:30h. CrowdFunding como novas fórmulas para conseguir financiamento - Fernando Prieto. Cofundador de Start Your Business Consulting
13:00h. Descanso
13:15h. Casos prácticos
Máis información e inscricións en www.eoi.es/fdi/coruna [3]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/20140930_1412074309_7Rpq4P_w300.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.eoi.es/fdi/coruna
[4] mailto:fdi_acoruna@eoi.es