
Oblumi é unha proposta española para ter un termómetro por infravermellos sen contacto en calquera smartphone con só conectar o pequeno dispositivo ao porto jack do teléfono.
O proxecto, en fase inicial aínda e con data prevista de chegada ao mercado a mediados do ano que vén, céntrase especialmente no valor que o smartphone, concretamente a súa aplicación, pode dar a unha acción tan sinxela como a toma de temperatura. E os máis pequenos da casa son o seu potencial máis grande.
O obxectivo de Oblumi é proporcionar a un termómetro máis funcionalidades como a consulta de temperatura desde o smartphone ou un navegador web, rexistro histórico de medicións, axuste automático da dose de medicamento conforme varíe o peso do neno, e tamén seguimento da evolución da enfermidade con gráficas de temperatura. Tamén se poden configurar alarmas segundo as necesidades.
Oblumi chegará inicialmente só para iOS (pero ampliarase a Windows Phone e Android), e o seu prezo roldará os 30 euros.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/650_1000_captura_de_pantalla_2014-10-01_a_las_12_56_52.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()