
Tras dous anos de traballo, o proxecto LiveWell, financiado pola Comisión Europea a través do Programa de Aprendizaxe Permanente, presenta os seus resultados en forma de páxina web informativa e formativa dirixida a afectados de parkinson, coidadores, familiares, médicos e profesionais da saúde: www.livewell-community.eu [3]. Esta ferramenta, na que formou parte a Asociación Parkinson Madrid, pretende ofrecer contidos formativos, exercicios interactivos e información fiable da enfermidade a través de módulos e-learning. Ademais, os pacientes, coidadores, familiares e profesionais sanitarios poderán intercambiar información, consellos, ideas, inquietudes e experiencias sobre a enfermidade de Parkinson. Nela poderase navegar en diferentes idiomas, descargar materiais e documentos e coñecer en profundidade as motivacións do proxecto.
LiveWell é un consorcio formado por sete socios europeos (Portugal, Reino Unido, Austria, España, Romanía, Islandia e Eslovenia) que pretende dotar ás persoas que sofren a enfermidade de Parkinson novas ferramentas baseadas nas novas tecnoloxías, favorecendo así en envellecemento activo.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/livewell.PNG
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.livewell-community.eu