
Segundo os últimos datos do INE, en España hai case 8,5 millóns de persoas maiores de 65 anos, o que supón un 18% de toda a poboación. Esta cifra, unha das máis altas da UE, xunto coa alta penetración da telefonía móbil no noso país fai de España un territorio especialmente aboado para o proliferación de dispositivos e aplicacións móbiles orientadas ás persoas maiores.
De feito, un recente estudo da Universitat Oberta de Catalunya afirma que o 85% das persoas de entre 65 e 74 anos ten teléfono móbil.
A pesar de que segundo este mesmo estudo o uso que fan destes dispositivos é residual, son cada vez máis os maiores que, animados polos seus familiares ou por vontade propia, achéganse aos novos dispositivos móbiles e descobren neles aplicacións útiles para o seu día a día. De feito, segundo algúns expertos os smartphones, grazas ás pantallas táctiles e o uso intuitivo dos seus comandos, adáptanse moi ben ás características dos máis maiores.
A aparición de smartphones de gama baixa ou de entrada, é outro dos factores que reforza a tendencia de crecemento de smartphones entre os maiores de 65. Lonxe dos elevados prezos dos teléfonos de alta gama, existen cada vez máis opcións de dispositivos a prezos alcanzables que ofrecen unha alta calidade e todas as vantaxes dun teléfono móbil de última xeración.
Entre este tipo de smartphones cabe destacar un dos últimos lanzamentos de Motorola, o Moto E, un dos teléfonos que pode chegar a ser máis apreciado polas persoas maiores, pola súa resistencia. Moto E é un smartphone sinxelo pero de última xeración que ofrece a potencia necesaria para navegar e executar todo tipo de aplicacións. Entre elas as cada vez máis usuais apps para o control da saúde que permiten monitorizar dun xeito sinxelo e sempre accesible aspectos fundamentais como a tensión, o ritmo cardíaco, os niveis de glicosa, etc.
Calcúlase que entre 2010 e 2012 se crearon máis de 6.000 apps relacionadas coa saúde, moitas delas avaladas por médicos, institucións de referencia ou pacientes, e que poden facilitar a vida tanto dos que deben seguir día a día a súa enfermidade, como daqueles que simplemente buscan unha forma sinxela recordar os horarios e dose dos seus medicamentos.
Ademais, Moto E dispón dunha pantalla de alta resolución de 4,3 polgadas protexida con cristal Corning® Gorilla® Glass e unha protección contra salpicaduras resistente á auga, todo iso especialmente pensado para ofrecer unha visibilidade perfecta e unha maior duración do dispositivo.
Moto E conta tamén cunha batería de longa duración que evita ter que recargalo en todo o día e permite que os nosos maiores estean sempre conectados e localizables. Algunhas outras características de Moto E que tamén son moi apreciadas polas persoas maiores son:
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/moto-e-apps.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()