
Co obxectivo de converterse nun dos principais actores do mercado dos Smartphones, Haier amplía a súa gama de móbiles que se adaptan a todo tipo de público. Agora, incorpora ao seu catálogo o novo smartphone E-ZY A6. Intuitivo, moderno e con funcionalidades moi útiles, o E-ZY A6 foi especialmente deseñado para os séniors máis conectados, pero tamén diríxese a todas as persoas que non teñen alma de "geek", independentemente da súa idade.
O Smartphone Haier E-ZY A6 permite chamar sen dificultade e dispón dunhas funcións adaptadas a aqueles que prefiren a sinxeleza á innovación, pero sen pasar por alto o deseño e a modernidade.
O E-ZY A6, moi doado de usar, dispón dunha capa propia de Andorid con grandes iconas en cor para un acceso directo ás funcións principais. Así, para chamar alguén, abonda con facer clic sobre a foto do contacto que se encontra na páxina principal. Ademais, se non sabes como funciona algo, abonda con sacudir o móbil e automaticamente aparecen as viñetas de axuda. Está preparado para explicar as principais funcións de forma rápida e doada de entender.
A súa ergonomía e as súas dimensións de 130 x 65.5 x 11.8 mm adáptanse perfectamente á man, e a súa pantalla de 4 '' ' polgadas permite unha lectura doada. Por último, o E-ZY A6 dispón dunha cámara de 2,0 megapixeis con flash para capturar os mellores momentos e da función MMS, para compartir as fotos con amigos e familiares.
E-ZY A6: o Smartphone que coida de ti
O Smartphone Haier E-ZY A6 está equipado dun potente altofalante ideal para persoas con dificultades auditivas e permite escoitar a radio sen necesidade de auriculares.
Recárgase doadamente e sen cables grazas á súa base de carga, doadamente identificable na escuridade.
A súa tecla de S.O.S funciona como unha chamada de emerxencia. Ideal para as persoas que precisan algún tipo de asistencia, esta tecla permite chamar de forma automática aos teus contactos, un a un ata que alguén conteste. Así mesmo, enviará mensaxes de alarma avisando de onde te encontras, grazas á función de localización GPS. Unha vez que se activa, ponse en marcha unha alerta acompañada de luces intermitentes.
Por último, tamén dispón da función de rechamada e Mans Libres automático, que se activa ao separar o móbil do oído.
"O Smartphone E-ZY A6 foi deseñado integramente polo noso departamento de I+D para ser á vez sinxelo e moderno. Deseñouse e adaptado á xeración dos nosos maiores, que desexan dar o salto dun móbil tradicional a un Smartphone. Pero tamén se trata dun Smartphone para todos aqueles consumidores que prefiren un móbil conectado pero doado e intuitivo de utilizar. Dispoñible a partir de outubro en España, xa se comercializou dende principios do ano en China e tivo moito éxito entre os usuarios. De feito, vendéronse varios centos de miles de unidades en tan só seis meses, e espérase repetir este éxito en España e Europa. Estará dispoñible nos distribuidores habituais a un prezo recomendado de 120 euros inicialmente libre", di Christophe Chancenest, Director de Mercadotecnia e Vendas de Europa dos produtos electrónicos Haier.
O smartphone E-ZY A6 de Haier estará dispoñible en España en cor vermella a partir de outubro.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/368_140917100041_Ax9m.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()