
Este verán fomos testemuñas da avalancha de accións participativas que se xeraron nas redes sociais. A máis solidaria e soada foi sen dúbida o desafío viral "Ice Bucket Challenge"? , unha campaña levada a cabo por ALS Association a favor da investigación que se desenvolve sobre a ELA, Esclerose Lateral Amiotrófica, e que xa leva recadados máis de 32 millóns de dólares.
Agora falámosvos sobre MyTherapy, unha aplicación totalmente gratuíta creada pola empresa Smart Patient, que axuda a persoas que padecen enfermidades crónicas a levar mellor o seu tratamento médico. Algunhas das enfermidades sobre as que se basea son a esclerose múltiple, a epilepsia, a diabetes, a psoriasis e o Párkinson.
Trátase dun diario da saúde que, en primeiro lugar, rexistra todos os pasos que debe levar a cabo un paciente e serve de recordatorio para que nunca se esqueza da medicación ou as actividades que debe realizar. Ademais, serve para rexistrar periodicamente distintas constantes vitais que, posteriormente, axudarán a xerar informes de saúde que se poderán comentar co médico, para levar un seguimento máis exhaustivo.
Xa está dispoñible para IOS e proximamente para Android en países como Reino Unido, Estados Unidos, Italia, Alemaña. A España chegou moi recentemente con ganas de quedar.
Agora, na súa fase de expansión no noso país, un dos obxectivos que perseguen é contactar con todas as asociacións españolas que tratan de mellorar a condición destas persoas no seu día a día e axudarlles a lidar coa súa enfermidade da mellor forma posible. Desta maneira, pretenden lograr desenvolver unha aplicación que se adapte 100% ás necesidades do paciente e así poder traballar directamente en colaboración con eles.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/innovasocial_mytherapy-300x225.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()