
Unha das principais vantaxes deste innovador produto é que a diferenza doutros dispositivos, a tecnoloxía que fai posible a comunicación entre os módulos non se basea nunha conexión móbil, por tanto os usuarios non terán que pagar cotas mensuais para manter este tipo de servizo.
Virgílio Bento, un profesor universitario doutorado en enxeñería eléctrica, deu coa idea de desenvolver un localizador GPS eficiente despois de perder ao seu can un par de veces. A maioría dos dispositivos existentes no mercado parecíanlle demasiado caros (requirían o pago dunha cota mensual) así que decidiu construír o seu propio aparello xunto cun grupo de especialistas. Foi unha idea que gañou a confianza de moitos pais, por tanto o novo dispositivo chamado Findster ampliou as súas funcións e pasou de ser dun xeolocalizador de animais a un de nenos.
O ano pasado o equipo lanzou unha campaña crowdfunding que lles permitiu recadar 67.000$, superando o obxectivo inicial fixado en 50.000$. Agora, despois de abrir unha extensión da campaña, o proxecto puido consolidarse mesmo máis, demostrando que hai moitas persoas interesadas en que a startup acabe canto antes o desenvolvemento do produto.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/findster.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()