
A aula de Formación da Fundación Cultural da Estrada, da rede CEMIT, programa unha serie de actuacións de inclusión dixital para fomentar o uso das novas tecnoloxías (TIC) á hora de buscar un emprego. Colaboran o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local e o Servizo de Orientación Laboral do Concello da Estrada. Os interesados en matricularse deberán inscribirse na Fundación Cultural ou a través do formulario de inscrición da rede CEMIT. O curso desenvolverase entre o 4 de setembro e o 2 de outubro, os martes e xoves de 11.00 a 14.00 horas. Os requisitos básicos que se esixen para participar no taller son ter coñecementos básicos sobre o manexo dun computador.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/cartel emprego 2.0-page-001.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()