Santiago,
08/08/14 (08:45)
Durante o UEIA Graduation Day no Madrid International Lab, celebrouse un encontro que ten como intención dar a coñecer aos emprendedores sociais que formaron parte da segunda edición de UEIA Accelerator. UEIA é a primeira aceleradora europea de emprendedores sociais con base tecnolóxica, que na súa segunda edición presentou os proxectos que terminaron a súa formación e aceleración con éxito.
Os dez emprendementos tecnolóxicos finalistas teñen un punto en común: mellorar a realidade social a través da innovación. Durante seis meses estes emprendedores recibiron a formación e o mentoring para acelerar o crecemento do seu startup da man do equipo de UEIA formado por May Escobar, Pablo Almunia, Mario López de Ávila, Catalina Parra, e José Martín Cabiedes
Os proxectos que se presentaron no evento foron:
- FamilyApp é unha empresa dedicada a procura de solucións para a integración e o desenvolvemento dos máis desfavorecidos, acordando beneficios tanto para os doantes como para as ONG integradas no proxecto. De aí o título da súa presentación, "Axudando aos que axudan". http://www.familyapp.es/
- Fiiiling presentou "Buy Online & Make Smile". Este sistema de doazóns funciona do seguinte modo: nunha páxina onde se realiza o pago final ou a compra, onde figure o selo Fiiiling, infórmase do proxecto e a ONG ao que se destina o diñeiro recadado por todos. https://www.fiiiling.org/
- MilHistorias céntrase na "Innovación social coas persoas sen fogar". O seu obxectivo principal de promover a integración e a formación sociolaboral de persoas en risco de exclusión social como tránsito ao emprego ordinario, mediante o desempeño de actividades laborais. http://www.milhistorias.es/
- Interesocial dedícase ao deseño, avaliación e xestión de diversos programas de intervención social públicos e privados no ámbito da discapacidade, dependencia, inmigración, terceira idade e outros colectivos vulnerables. Como eles mesmos din, "Potenciamos a ocupación. Insértate, Insire" . http://www.intersocial.es/
- DisabledPark sérvese dunha aplicación móbil (App) e unha páxina web para xeolocalizar as prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida ou discapacidade. Este proxecto xurdiu por mor da propia necesidade dos seus creadores. http://www.disabledpark.com/
- eCapaz Market ofrece un servizo personalizado, desde a súa páxina web, a particulares, empresas ou institucións que queiran facer as súas contornas ou servizos accesibles para todas as persoas. É unha plataforma que promociona e distribúe produtos tecnolóxicos que "rompen barreiras". http://ecapaz.com/
- IctusCare é unha aplicación móbil (App) que pretende, mediante o uso da tecnoloxía, diminuír as molestias e custos asociados a persoas afectadas por ictus. A app, gratuíta, poderase utilizar desde calquera dispositivo móbil e axudar así ás familias con afectados por dano cerebral. http://ictuscare.com/
- HealthEye nace como unha rede social co obxectivo de unir a persoas coa mesma enfermidade rara e resolver así todas as dúbidas que poidan ter os pacientes con médicos especialistas e compartir a súa experiencia con outras persoas coas súas mesmas afeccións. http://healtheye.es/app.php/
- Mente é un método estruturado e validado cientificamente para mellorar as capacidades cognitivas. Conta con expertos para levar a cabo este adestramento, así como para o desenvolvemento de programas e recursos dedicados á prevención da deterioración mental. http://proyectomente.wordpress.com/
- Yeeep é o primeiro recomendador de contidos audiovisuais infantís, grazas a un equipo de especialistas en desenvolvemento infantil. A través dun sistema de catalogación creados por eles mesmos establecen uns criterios específicos de que contido deben ver os máis pequenos. http://www.yeeep.tv/
Todas as iniciativas espertaron moito interese entre os asistentes coas diferentes solucións para os problemas sociais que abordaban: a mellora da memoria en pacientes con patoloxías, o parking para persoas con discapacidade, a accesibilidade dos ecommerce, a inclusión laboral de todas as persoas, entre outras.
Do mesmo xeito que UEIA, no Reto Ability Awards perseguimos a innovación tecnolóxica cun fin concreto: a innovación para a inclusión. Queremos construír unha sociedade mellor para todos. Axúdasnos a cambiala?
Tema: Xeral
Fonte:
OpenFuture