
Un grupo de nenos entre os 10 e os 15 anos crearon, durante a súa estancia no campamento de verán EmprendeKids, unha app que bautizaron co nome de "Xogo Solidario", coa que van contribuír a recadar fondos que irán destinados a financiar proxectos infantís en países como India e Ecuador.
Esta app, que está á venda ata este 25 de xullo, é un pequeno videoxogo para móbiles e tabletas cuxa descarga se pode realizar a través de Google Play por tan só 1 euro.
Este proxecto solidario xurdiu en EmprendeKids, un programa educativo creado especialmente para fomentar a cultura emprendedora desde idades temperás, onde Julio Astarloa, CEO de AlldayInternet, mostroulles aos nenos as pautas básicas para desenvolver esta app.
Tras crear o xogo con sinxelas ferramentas e coa misión de lograr a súa comercialización para conseguir os fins benéficos, os propios nenos confeccionaron unha pequena campaña de márketing e promoción que están a promover entre os seus familiares e amigos vía Facebook, WhatsApp e outros medios dixitais.
A ONG "O Exercito do Amor" foi a elixida como destinataria da recadación de "Xogo Solidario", que apoia na actualidade varios proxectos educativos e de escolarización, e onde os nenos de EmprendeKids coñecerán en profundidade os diferentes proxectos nos que se van a investir o seu erfuerzo da man dos responsables desta ONG.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/juego_solidario.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()