
Glance é un pequeno dispositivo 35 x 10 milímetros cunha fenda que se adapta á pulseira de calquera reloxo. Conta cunha mini pantalla que mostra as notificacións do 'smartphone', co que se sincroniza a través de Bluetooth 4.0, e vibra en caso de recibir unha chamada.
Este 'gadget' non é só unha pantalla de notificacións porque ademais permite encontrar o teléfono co que está sincronizado facendo que soe e responder aos SMS con mensaxes de texto predefinidas con só un movemento de pulso.
Glance incorpora funcións de 'air mouse', é dicir, pódese utilizar como rato para un PC e como mando a distancia para SmartTV sen desadaptar o dispositivo do pulso.
O 'gadget' tamén incorpora algunha das funcións que máis se están a ver este ano como é o rexistro da activade física a través do seu 'app' para 'smartphones', diferenciando cando o usuario está a andar, sentado ou facendo exercicio.
O dispositivo conta cunha batería de polímero de litio, o que lle outorga unha autonomía de ata unha semana. Ademais, Glance xa é resistente á auga, pero os desenvolvedores do produto están a traballar en mellorar a súa capacidade acuática e queren facelo resistente ata as cinco atmosferas (ATM), é dicir, que se mollar sen problemas na ducha, pero non é recomendable nadar nin se mergullar con el.
Glance -que é compatible con para dispositivos con iOS 7 ou superior, Android a partir da versión 4.3 e Windows 7 ou superior- busca financiamento en Kickstarter, onde xa recadou 42.254 dólares canadenses dun total de 150.000 dólares que fixaron como meta para poder facer fronte á fabricación e envío dos primeiros dispositivos, que deberían comezar durante o mes de novembro.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140617_reloj.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()