
Precisamos apoio no desenvolvemento dun "Curso de folla de cálculo Excel" que se impartirá nos locais das asociacións que forman parte da Federación Down Galicia (Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo). A persoa voluntaria acompañará a unha persoa da Federación na impartición dos cursos, dando apoio na elaboración dos contidos e nas clases.
O curso desenvolverase en horario de mañá, nunha única sesión en cada localidade de 4 horas de duración e as accións formativas terán lugar entre xuño e xullo.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/2367