
A Confederación Española de organizacións a favor de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento lanzou un video co fin de mostrar como era antes e como cambiou voluntariado neste ámbito. O video titúlase Contigo Max [3], e nel, un voluntario con experiencia explica a unha nova voluntaria ese cambio de modelo de voluntariado que experimentou esta organización.
O video é unha boa mostra da relación das persoas voluntarias non só cos que se benefician do seu inestimable labor, senón tamén con outra parte máis descoñecida: as organizacións que fan posible o desempeño desta.
Este traballo foi posible grazas á colaboración do Ministerio de Sanidade Servizos Sociais e Igualdade e a Rede de coordinadores do programa de Voluntariado de FEAPS.
Esperamos que anime moitas persoas a facer voluntariado co colectivo de persoas con discapacidadeintelectual. E que a aquelas que xa realizan este labor, lles anime tamén a participar en maior medida na súa asociación.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140603_Video_contigomax.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://youtu.be/dqukc2GcN8o