
Investigadores da Universidade de Michigan en Estados Unidos están a desenvolver unha aplicación móbil que podería axudar aos pacientes que sofren trastorno bipolar. A aplicación é capaz de analizar as conversacións dos pacientes para predicir cambios na súa conduta.
A evolución dos dispositivos móbiles está a permitir deseñar novas aplicacións e usos nunca antes vistos. Actualmente existen 'smartphones' capaz de monitorizar as constantes vitais dos usuarios e aplicacións que poden mesmo analizar irregularidades da pel. Os investigadores viron o potencial deste tipo de dispositivos e seguen esa liña de desenvolvemento, que busca mellorar a saúde dos usuarios a través dos seus dispositivos.
Un dos últimos proxectos prometedores nese sentido estase a desenvolver na Universidade de Michigan. Un equipo de investigadores está a desenvolver unha aplicación móbil pensada para axudar aos usuarios que sofren trastornos de personalidade bipolar. O obxectivo é poder predicir os cambios na conduta dos pacientes para poder tratalos e mellorar así a súa calidade de vida.
Dende a Universidade de Michigan explicaron que a aplicación analiza as conversacións dos pacientes. O sistema rexistra as palabras, silencios e a entoación utilizados polo usuario, co obxectivo de procesar os datos para identificar indicios dos cambios de conduta.
A aplicación está deseñada para rexistrar unicamente a voz do paciente co trastorno bipolar e os investigadores só teñen acceso ás conclusións extraidas polo sistema, non ao contido da conversación. Así, búscase axudar os pacientes sen vulnerar a súa privacidade.
As primeiras probas con esta app deron resultado positivos, o que animou os investigadores a continuar co proxecto. De cara ao futuro, os investigadores esperan poder mellorar o seu software para que sexa aínda máis preciso e poida axudar aos pacientes de forma máis efectiva aínda.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140513_AppBipolar.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()