
FingerReader é un anel desenvolvido polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) que combina unha cámara similar á dun móbil cun sistema de recoñecemento de carácteres e un sintetizador de voz, que pretender axudar á lectura ás persoas con discapacidade visual.
De momento trátase dun prototipo que os investigadores esperan convértase nun produto final nun futuro próximo. O anel colócase no dedo índice, de modo que o usuario só ten que sinalar o texto que desexa ler.
Conforme o dedo e o anel que está nel van percorrendo as palabras, estas son captadas pola cámara de modo que un sistema de procesamento e recoñecemento de carácteres as vai interpretando e convertendo en texto falado. O uso do dedo índice para sinalar permite indicar ao FingerReader que parte do texto se quere ler, ademais de manter a cámara colocada directamente sobre as palabras de forma precisa e axustar a velocidade de lectura, que no prototipo actual é aínda algo lenta.
Se se desvía da liña de texto prodúcense unhas lixeiras vibracións no anel. Aínda como prototipo o desenvolvemento é capaz de detectar os finais e principios de liña, o dedo indicador do usuario e a sucesión de palabras nunha liña de texto, de modo que a interpretación do texto e o ritmo sexa o máis natural posible, o máis parecido a como sería o proceso de lectura visual.
O FingerReader pode utilizarse para ler calquera texto que sexa 'visible' para a cámara, estea escrito sobre papel ou outras superficies como planos ou carteis -mesmo unha pantalla-, sempre e cando o tamaño das palabras teña cabida dentro do ángulo de visión da cámara que incorpora. Para os desenvolvedores, o FingerReader ten ademais outras aplicacións práctica inmediatas que van dende a aprendizaxe da lectura ata a tradución en tempo real. aínda será necesario mellorar tanto o recoñecemento de carácteres coma o proceso de tradución, especialmente tendo en conta que a orde das palabras pode variar entre idiomas. O, tamén a incorporación duns auriculares.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140509_medium_finger.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()