
O CESGA celebróu onte o día internacional das “Rapazas nas TIC” (Girls in ICT Day), promovido e coordenado pola ITU (International Telecommunications Union), da que España é membro, para crear unha contorna global que promova e apoie ás rapazas para que consideren carreiras no eido das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs). Este acto está dirixido a dar visibilidade ao colectivo de mulleres emprendedoras no eido das TIC, así como ofrecer un espazo de intercambio e comunicación entre elas e as rapazas e rapaces dos institutos de secundaria de Galicia.
O CESGA, promove e coordina o Proxecto Europeo “ICT-Go-Girls!, [3]Promoción do emprendemento das rapazas de secundaria a través das TIC”, que se dirixe ás rapazas de primeiros anos de secundaria anos para proporcionarlles unha imaxe máis atractiva do mundo do emprendemento tecnolóxico cara lograr unha maior presenza feminina no eido das TIC.
Colaborando co proxecto ICT-Go-Girls! un grupo traballadoras da empresa galega Balidea [4]elaboraron un vídeo animando ás rapazas a "facerse TIC", [5]onde contan por que comezaron nas TIC e que o que máis lles emociona e motiva do seu traballo.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140425_TICGirls_0.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://ictgogirls.eu/
[4] http://www.balidea.com/
[5] http://youtu.be/t7774hnXUCk