
Onte á tarde celebrouse a gala de entrega dos Premios 20Blogs 2014 [3]no auditorio do CaixaForum en Madrid, resultando especialmente destacada nesta oitava edición destes galardóns o blog de xornalismo feminino Goldman Sachs is not an aftershave [4], elixido como mellor bitácora de 2013.
Estes premios que entrega o Grupo 20minutos contan cun grande recoñecemento do público, premiando nesta edición a 21 cadernos de Internet entre os que podemos destacar Quiero ser creador de videojuegos [5]na categoría de videoxogos, Territorio Abandonado [6]na categoría de multimedia e microblogs, Scientia [7]na categoría de ciencia, tecnoloxía e Internet, e, moi especialmente, Rabudopuntocom [8], o blog do xornalista galego Nacho Mirás, que coa narración da súa loita contra o cancro conseguiu o recoñecemento de mellor blog persoal de 2013.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140425_rabudo.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.20minutos.es/noticia/2121923/0/cronica/premios/20blogs/
[4] http://goldmansachsisnotanaftershave.com/
[5] http://creadorvj.blogspot.com/
[6] http://www.territorioabandonado.org/
[7] http://scientiablog.com/
[8] http://www.rabudo.com/