
Fundetec e a Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI) puxeron en marcha a iniciativa startup4cities, un proxecto innovador e pioneiro a nivel mundial que pretende impulsar o desenvolvemento de proxectos orientados a mellorar a eficiencia e a calidade de vida das cidades. O seu obxectivo é apostar por un emprendimiento de base tecnolóxica que ofreza solucións aos novos desafíos do desenvolvemento urbano e crear servizos innovadores para as cidades do futuro.
startup4cities arranca hoxe coa apertura dunha convocatoria pública á que poden presentarse aqueles emprendedores ou start-ups que dispoñan de proxectos nunha fase inicial de desenvolvemento e necesiten validar, nun ámbito de cidade, as súas hipóteses de modelo de negocio ou produto. O prazo de presentación de proxectos está aberta ata o 12 de maio. As bases están dispoñibles en www.startup4cities.es [3].
Un xurado con experiencia no ámbito das novas tecnoloxías e as smart cities será o encargado de seleccionar os 12 mellores proxectos, cuxos responsables terán a oportunidade de presentalos e defendelos ante un auditorio formado por representantes municipais do medio centenar de cidades que forman parte de RECI, nun evento de acceso restrinxido ao que tamén asistirán aceleradoras, incubadoras, investidores, escolas de negocio, etc.
Durante ese evento, que se celebrará o próximo 10 de xuño en Madrid, os concellos pronunciaranse ao respecto dos proxectos que consideran do seu interese, e se ofrecerán a estes emprendedores para prestarlles a axuda necesaria para utilizar a súa cidade como laboratorio e testear o seu produto, creándose unha gran rede de laboratorios urbanos onde as experiencias se compartirán entre todas as cidades.
Deste modo, as corporacións municipais poderán ofrecer aos seus cidadáns servizos creados dende o emprendimiento e brindarán oportunidades de negocio e creación de emprego vinculados ao desenvolvemento da cidade.
startup4cities conta ata o momento co apoio de institucións públicas como o Concello de Madrid, Correos, o ICEX, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e Red.es, e de entidades privadas como El Corte Inglés, Google, Indra, Telefónica, ESRI e Garrigues. Máis información en info@startup4cities.es [4].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140423_Startups.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.startup4cities.es
[4] mailto:info@startup4cities.es