
Fundación ONCE, a través da súa entidade para a formación e o emprego das persoas con discapacidade, FSC Inserta, presentará hoxe, 22 de abril, a renovación da súa plataforma portalento.es, despois de xestionar máis de 50.000 ofertas de traballo para persoas con discapacidade nos últimos cinco anos. A cita servirá para facer balance da actividade de FSC Inserta dende a súa creación e presentar as melloras que agora se inclúen no seu portal para axilizar a interacción entre os demandantes de emprego e as empresas e a intermediación laboral.
O acto celebrarase ás 12.00 h na sede do Colexio de Arquitectos de Madrid (COAM), na rúa Hortaleza, n.º 63, Auditorio, 2ª planta, e contará coa presenza da ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, e o presidente da ONCE e a súa Fundación, Miguel Carballeda. A nova plataforma do Programa Por Talento lanzarase a través da campaña 'Por Mil Razóns', cofinanciada pola Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo.
Hashtag: #portalento
O acto será retransmitido en directo por videostreaming en www.portalento.es [3]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140422_portalento.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.portalento.es/