
A aplicación, denominada 'Medicamento Accesible Plus', foi creada polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos, Fundación ONCE e Fundación Vodafone España.
A nova App ' Medicamento Accesible Plus' é unha solución especialmente deseñada para persoas con discapacidade visual, con dificultades de manipulación, ou persoas maiores, para as que accións cotiás, como ler o prospecto dun medicamento, poden supoñer un reto.
A aplicación funciona utilizando o código de barras que se encontra na embalaxe dos medicamentos.
O usuario abre a aplicación xa instalada previamente no seu dispositivo móbil e captura o código, tras o cal recibe no seu móbil a información sobre o medicamento nun formato accesible.
Para facilitar a busca do medicamento, ou naquelas situacións nas que non se dispón do código de barras, a aplicación tamén permite introducir o nome deste tecleándoo. Así mesmo, os profesionais das farmacias tamén poden introducir o Código Nacional do Medicamento, que aparece en todos os envases.
Ademais, 'Medicamento Accesible Plus' incorpora dúas funcións auxiliares: un localizador das farmacias máis próximas ao usuario e unha sección que, baixo o nome de 'As miñas medicinas', almacena a información daqueles medicamentos que o usuario utiliza con maior frecuencia e aos que quere ter un acceso rápido.
A aplicación foi desenvolvida por Technosite, compañía pertencente ao grupo de empresas da ONCE e a súa Fundación especializada en tecnoloxías accesibles, e está dispoñible en dous sistemas (Android e iOS). Ademais, o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos achega a 'Medicamento Accesible Plus' información da súa base de datos do coñecemento sanitario, 'Bot PLUS'.
O vídeo da aplicación pódese consultar no seguinte enlace
: http://www.youtube.com/watch?v=SthkrPafc7A&feature=youtu.be [3]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140401_app_movil.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.youtube.com/watch?v=SthkrPafc7A&feature=youtu.be