
Os dispositivos ponibles chegaron aos nenos, ou iso polo menos pretende unha compañía que fabricou un 'smartwatch' pensado para usar a partir de tres anos. Trátase dun reloxo chamado hereO que, mediante GPS, permite aos pais ter controlados aos máis pequenos da casa en todo momento.
O 'smartwatch' ten un deseño tamén orientado aos nenos, ao ser de plástico, pequeno e aparentemente lixeiro, de maneira que o poidan levar durante todo o día e mentres que realizan calquera actividade. O reloxo contén unha tarxeta SIM e conta cunha aplicación específica para que os pais poidan coñecer a localización dos seus fillos dende un dispositivo móbil de iOS.
A tarxeta SIM está conectada a unha operadora local de hereO que se encontra en máis de 140 países, e que non ten ningún tipo de custos, segundo asegurou a compañía responsable de hereO en Indiegogo. Nesta plataforma de 'crowfunding' encóntrase precisamente este reloxo buscando financiamento para poder ser levado ao mercado.
O 'smartwatch' alcanzou case os 100.000 dólares que tiña como meta, e iso que aínda quedan 20 días para que finalice a campaña de financiamento.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140331_smatwatch.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()