
Orange puxo a disposición dos seus clientes a aplicación Mobile Accessibility para Android desenvolvida por Codefactory. Trátase dunha ferramenta dirixida, en particular, a persoas cegas e que se ofrece de forma gratuíta ata o 9 de xaneiro de 2015.
A aplicación consiste nun conxunto de trece aplicacións, ás que se accede dende o seu propio menú, que son: Teléfono, Contactos, SMS, Alarma, Calendario, Email, Web, Música, Notas, Dónde estou, Aplicacións, Axustes e Explorador.
Así mesmo, prové un lector de pantalla que permite ás persoas cegas utilizar o teléfono á marxe das devanditas aplicacións. Aínda que os terminais Android veñen con TalkBack incorporado, este produto de apoio ás veces non chega a todo o contido. Mobile Accessibility prové unha solución a estas barreiras en determinados terminais e permite a conexión dun dispositivo Braille.
En cambio, para poder instalar e configurar Mobile Accessibility será necesaria a axuda de terceiros. Para iso, Orange dispón de diversos medios sobre os que se informa na súa páina web [3]. A aplicación pode descargarse directamente dende Google Play.
A web do Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica (CIDAT [4]) da ONCE tamén ofrece máis información. La aplicación puede descargarse directamente desde Google Play.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140226_mobile_accessibility.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://blog.orange.es/responsabilidad-social-corporativa/descarga-gratis-con-orange-la-app-mobile-accesibility-para-personas-discapacidad-visual/
[4] http://cidat.once.es/home.cfm?id=1560&nivel=2