
Precísase voluntario/a dixital para apoiar na dinamización de Encontros semanais sobre o software libre de deseño. O obxectivo desta actividade é facilitar o intercambio de coñecemento entre un grupo de persoas interesadas no software libre aplicado aos ámbitos da arquitectura e o deseño.
Cada unha das sesións, que terán lugar nas tardes dos venres cunha duración de 2 a 3 horas, centrarase nun programa:
• Draftsight (versión libre de AutoCad): deseño arquitectónico en 2D
• Sketchup: Modelización 3D
• Gimp (versión libre de Photoshop): Retoque fotográfico
• Scribus (versión libre de inDesign): Maquetación
• Inkscape (versión libre de illustrator): Deseño gráfico vectorial
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/1860