
Unha das finalistas é Social Diabetes [3]. Trátase dun software que resulta útil aos pacientes de diabete. Despois de picarse para analizar o sangue, o usuario introduce información, e esta dille canta insulina necesita e de que tipo. É gratuíta e leva máis de 30.000 descargas. Está traducida a oito idiomas e dispoñible para Android e iPhone, co que o segundo país en descargas, despois de España, é EUA. En 2012 gañou un premio patrocinado pola Unesco -o World Summit Award Mobile [4]-.
Outra das nominadas é Splyce [5], para iPhone. Mestura música de forma automática. Ten 700.000 descargas dende que saíu ao mercado en xullo do ano pasado. O usuario elixe varias cancións entre as que ten gardadas no seu teléfono, e a aplicación mestúraas e ordénaas, con oito versións distintas. A firma negocia con Spotify, para que os afeccionados poidan usar a aplicación coa súa conta, e non só coa música que teñan descargada no teléfono.
O outro software elixido neste certame é Andara [6]. Distribúese a través da Apple Store, pero é máis un programa pensado para iPad que para un teléfono. Consiste un organizador para pemes. O usuario introduce os distintos indicadores que ten que vixiar para xestionar a empresa, e a aplicación produce un mapa de visualización por apartados. Leva unhas 100.000 descargas e está dispoñible en sete idiomas.
Outra das aplicacións seleccionadas é Samplr [7]. Úsase en iPad e permite crear música cos dedos sobre unha pista base, utilizando oito efectos de son distinto para modificar a melodía, o ritmo e a textura do son. Permite importar de Dropbox e exportar a outra aplicación de audio, AudioShare.
WaiterApp [8]está tamén seleccionada. Trátase dunha aplicación que propón solucionar as esperas nun restaurante. Co seu servizo, o cliente pode enviar a súa elección de pratos directamente ao sistema informático do restaurante, e pagar a conta a través do móbil.
Os galardóns, cuxa entrega se celebra o próximo 24 de febreiro en Barcelona en paralelo á feira Mobile World Congress, son tres: o Best App Award, á mellor aplicación, o Audience Award, á máis votada polo público, e o Big Impact Award, á proposta que ten un maior impacto na vida das persoas.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140219_MobilePremier.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.socialdiabetes.com/es
[4] http://www.wsa-mobile.org/
[5] http://inqbarna.com/mobile-apps/splyce.html
[6] http://www.andara.bi/
[7] http://samplr.net/
[8] http://camare.ro/