
Pola parte que me toca, e como toca esta parte, botei unha ollada a ese mundiño “libre” de software para profesionais da medicina. Como en tódolos eidos profesionais, ÑU e a comunidade de software libre, foi cubrindo dende cero as necesidades profesionais de médicos, sanitarios e da xestión sanitaria. O conto é o de sempre. A industria de software privativo desenrola software, o vende, e é o que hai. A comunidade de software libre, por distintas motivacións, chega a crear aplicacións que fan o mesmo que as primeiras, se ben, sobre software libre, o cal é garantía de fiabilidade nun campo no que esta virtude é tan apreciada. Vou distinguir un número pequeno de aplicacións, tendo en conta que hai moitas máis, tanto para uso común nos ordenadores, como en tablets, e smartphones.
Estes son exemplos de aplicacións para PC, empregados xa por miles de profesionais na práctica médica, beneficiándose das vantaxes de empregar software libre. Legal, funcional, actualizado, ampliable e precioso. Nunca vas a perder a información que introduzas, podendo intercambiala entre distintos programas. Nin hoxe, nin nunca, e así, o traballo adicado no se perde no típico cambio de versión, ou probando outro programa mellor, etc, como ocorre co software privativo. É público, estandarizado, libre, accesible e instalable dende calquera ordenador con software libre.
Outros dos aparellos cada vez máis empregados polos profesionais da medicina, son as tablets e os teléfonos intelixentes, que non son intelixentes, o que pasa é que practicamente son ordenadores en miniatura, e poden empregar (os bos) software libre (Android de momento). Para un médico, pode representar unha ferramenta fabulosa. Aceso a datos, historiais, consulta, e por suposto a propia comunicación con outros especialistas. De xeito cómodo. Coa ferramenta no peto. Do mesmo xeito, os pacientes, poden ter as súas propias aplicacións instaladas nos seus equipos para controlar e facer seguimento de distintas doenzas, asemade de poder ser compartidas co seu médico.
Caso aparte é o das unidades de telemedicina vía web, que xa levan anos en funcionamento, e que basicamente fai consultas de especialidades, e segundas opinións.
A maioría das aplicacións están, como todo no software libre, en tódalas linguas que os linguafalantes tiveron a ben traducir, que son case todas. Este é un punto clave no software libre. Como o desenrolo de todo o software é compartido, a lingua na que podas instalala depende de que quen fala esa lingua, se moleste en traducila. Calquera pode participar. Así, os profesionais de cada eido, por interese, aportan traducións de menús, de axudas e do que fai que un programa estea traducido. Podes instalar calquera aplicación en quiñaruanda que alguén tivera a boa vontade de traducir. E hai.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140210_Tiritas.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()