
A principios de decembro celebrábase na Cidade da Cultura o Seminario “Novos Perfís Profesionais na Era Dixital”. A xornada estaba organizada pola Amtega e enmarcada dentro do Programa de Voluntariado Dixital. O obxectivo era amosar os novos perfís profesionais xurdidos do avance da economía dixital.
O evento contou co servizo de reportuiteo da xornalista Laura Camino á que entrevistaremos este mércores; no seu blog podedes enterarvos de todos os detalles do seminario. [3]
O primeiro en intervir foi o experto en marketing e redes sociais Juan Merodio [4] que aportou datos como que o 60% dos empregos nos próximos anos terá base dixital. Falou ademais da importancia de traballar a marca persoal, de construír o noso perfil profesional na rede a través da comunicación en blogs e redes sociais.
Na segunda parte da xornada [5] falouse de Marketing e Comunicación Dixital, Programación e Deseño Dixital. Na primeira das mesas participaron profesionais como José Alcañiz [6] que expuxo o concepto do inbound marketing: atraer ao cliente no lugar, no momento e co contido adecuados. Ao seu carón estaban Óscar Reboiras, detrás de @quecheparece (Twitter da compañía telefónica R) e David Serantes, responsable de Blog de Serantes. [7]
De programación falaron, entre outros, Fernando e Sergio Prieto, fundadores de Gato Salvaje Estudio, [8] empresa galega de produción de videoxogos. De introducirnos no mundo das apps móbiles encargáronse Xurxo Méndez (SmartGalApps) e Alberto Ruibal (Mobialia).
Daniel de Castro (DeCastro Designers), Pablo López (Hacce Soluciones TIC) y Alexandre Santorio (Duplo Studio) completaron a xornada coas súas reflexións sobre deseño dixital. Daniel de Castro opinaba que este é un sector no que “queda moito que facer”; Pablo López pola súa banda falou da páxina web como elemento imprescindible en calquera campaña de marketing, incidindo en que os obxectivos da mesma deben conseguirse de maneira rápida e sinxela.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_140127_empregodix.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://lauracamino.wordpress.com/2013/12/08/oportunidades-empleo-era-digital-empregodix/
[4] https://twitter.com/juanmerodio
[5] http://lauracamino.wordpress.com/2013/12/08/oportunidades-empleo-era-digital-empregodix-2/
[6] https://twitter.com/josealcaniz
[7] http://blogs.lavozdegalicia.es/serantes/
[8] http://www.gatosalvajestudio.com/