
Co gallo da celebración do Día Internacional do Voluntariado o vindeiro 5 de decembro, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organiza, no marco do Programa de Voluntariado Dixital, a xornada Novos Perfís Profesionais na Era Dixital da que podemos descargar o seu programa en formato PDF [3].
O seminario, que se celebrará a partir das 9:30 horas na sede da AMTEGA, no edificio CINC da Cidade da Cultura, ten como obxectivo mostrar os novos perfís profesionais que están a xurdir grazas ao avance da economía dixital e que están a demandar cada vez máis as empresas. Os asistentes á xornada coñecerán de primeira man a experiencia de nove mozos e mozas galegos que apostaron por emprender no eido das TIC.
Poderase seguir a través de videoconferencia nas aulas CeMIT Vilagarcia, Barreiros, Celanova, Lalin, Cerceda, Tui, Monforte e A Coruña, para o que está aberto un formulario de inscrición [4] na páxina web do Programa de Voluntariado Dixital.
Conferencia central
O experto en marketing dixital e redes sociais, Juan Merodio [5], será o encargado de iniciar a sesión cunha conferencia sobre os novos perfís profesionais xurdidos ao abeiro da nova economía dixital. Merodio, é relator habitual de Congresos de ámbito nacional e internacional e profesor na Universidade Rey Juan Carlos, CESMA e o Instituto de Empresa (IE), entre outros centros. É fundador do Grupo Ellas, empresa enfocada á creación de páxina web dedicadas á muller; socio-fundador de Marketing Surfers, a Axencia de Marketing 2.0; socio e director de Marketing de InvierteME, a rede de Emprendedores e Investidores e Fundador de Emprende Finance, onde axudan a emprendedores a conseguir financiamento para os seus proxectos.
Profesionais do marketing, a programación e o deseño dixital
Sergio Prieto contando a experiencia de Gato Salvaje Estudio co seu xogo AR-KTras a conferencia inaugural, 9 mozos e mozas galegos contarán a súa experiencia profesional en tres ámbitos do eido tecnolóxico. Na área do marketing e a comunicación dixital participarán José Alcañiz [6], xerente da Central de Reservas de Hoteles Buscadestinos.com; Óscar Reboiras [7], xornalista e xestor de redes sociais do operador R; e o David Serantes [8], responsable do blog Serantes & Cía [9].
No eido da programación de videoxogos e aplicacións para teléfonos móbiles, exporán a súas experiencias profesionais Sergio Prieto, fundador de Gato Salvaje Estudio [10]; Xurxo Méndez [11], CEO en SmartGalApps [12]; e Alberto Ruibal [13], fundador da empresa Mobialia [14].
A xornada rematará coa visión de tres profesionais galegos do deseño virtual, arte e creatividade: Daniel de Castro, director de arte en DeCastro-Designers; Pablo López, xerente de Hacce Soluciones TIC e Alexandre Santorio, socio de Duplo Estudio.
O encontro gozará do reportuiteo da xornalista Laura Camino [15], que nos últimos meses destacou por facer o seguimento de distintos eventos de carácter tecnolóxico a través das plataformas sociais, contribuíndo dun xeito profesional á súa difusión a través das plataformas dixitais.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_Ponentes.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://voluntariadodixital.xunta.es/sites/default/files/PDF/recursos/Programa_Xornada_Novos_Perfis_Profesionais_0.pdf
[4] https://voluntariadodixital.xunta.es/signup_acciones/registro/1626
[5] http://www.juanmerodio.com/
[6] https://twitter.com/josealcaniz
[7] https://twitter.com/quecheparece
[8] https://twitter.com/serantes
[9] http://blogs.lavozdegalicia.es/serantes/
[10] http://www.gatosalvajestudio.com/
[11] https://twitter.com/sonxurxo
[12] http://smartgalapps.com/
[13] https://twitter.com/albertoruibal
[14] http://www.mobialia.com/
[15] http://lauracamino.wordpress.com/