
Safety GPS [3] é unha plataforma de intercambio de información xeolocalizada que permite enviar e recibir avisos sobre calquera suceso que supoña unha emerxencia. Trátase dunha ferramenta dirixida ás administracións públicas e ao público en xeral, que pode facilitar que as persoas xordas envíen e reciban este tipo de información, xa que funciona cun sistema de mensaxes de texto.
A aplicación permite que un usuario que sufra un accidente ou situación de emerxencia ou sexa testemuña dalgún suceso similar, envíe unha alerta geoposicionada a calquera entidade próxima, que a recibe en 40 segundos.
Así mesmo, o usuario que estea preto de lugares onde aconteceu algún suceso, será informado polas autoridades de emerxencia mediante unha mensaxe de texto ao seu dispositivo móbil. Esta ferramenta tamén permite aos usuarios facer denuncias, informar sobre desaparicións, delitos cometidos, entre outros.
A aplicación, que conta co aval do Ministerio de Sanidade e Política Social, o Ministerio do Interior e da Confederación Estatal de Persoas Xordas, é gratuíta e está dispoñible para dispositivos iPhone e Android.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_131121_safetygps.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.safetygps.com/