
Un estadounidense chamado Paul McCarthy construíu unha man artificial por medio dunha impresora 3D para o seu fillo. O dispositivo levoulle ao pai dous anos desenvolvelo e fíxoo por tan só 5 dólares (3,71 euros), algo que contrasta bastante coas próteses típicas, que custan ata 30.000 dólares (22.251 euros).
McCarthy viu como o seu fillo nacía sen unha man e, nun empeño por cambiar a vida ao seu fillo e facilitar os lóxicos impedimentos que isto lle supoñía, decidiu construírlle un dispositivo que suplise a función da extremidade. Con tal pensamento, McCarthy dispúxose a seguir instrucións e deseños de impresión en 3 D do inventor Ivan Owen.
Así, a través da tecnoloxía 3D McCarthy elaborou tras dous anos de traballo un dispositivo de formato e funcións similares a unha man e que agora o seu fillo incorpora, permitíndolle unha vida máis doada. Nunha reportaxe para as noticias da cadea CBS o neno afirmou que este cambio no seu día a día "foi incrible" e contou como agora pode realizar moitas máis actividades como pintar ou montar en bicicleta.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_131111_Mano.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()