
O concurso, que se iniciou en memoria de Diogo Vasconcelos, invita aos europeos a buscar novas solucións para reducir o desemprego e reducir ao mínimo os seus efectos corrosivos na economía e a sociedade, tanto agora coma no futuro. A innovación social non é só desexable, é necesaria.
Non importa se aínda non atopaches o investidor axeitado para as túas ideas . Podemos axudarte a levar o teu proxecto á vida como parte da nosa Academia de Innovación Social. Os tres proxectos gañadores recibirán apoio financeiro de 30.000 euros.
Pero hai máis. Os gañadores da primeira edición destacan que a Competición lles deu a oportunidade de desenvolver unha grande idea, de dar lexitimidade ao seu traballo, e por último pero non menos importante, de facer que a súa solución sexa accesible a máis persoas.
Non gardes as túas ideas para ti mesmo. Como un dos gañadores, di: "Se tes unha idea, traballa nela e aproveita a túa oportunidade. O mesmo podería sucederche. Poderías rematar gañando... "
Para máis información consulta aquí [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_131022_Social Innovation.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://ec.europa.eu/enterprise/policies/innovation/policy/social-innovation/competition/index_en.htm