
A Conferencia final sobre Cidades para a Inclusión Activa (CFAI) lanzará os resultados da investigación levada a cabo nos últimos cinco anos, e as recomendacións para os responsables de políticas sociais da UE.
Este evento de alto nivel contará cun debate político entre os alcaldes das cidades participantes serán seguidas de tres paneis de debates interactivos nos que se considerará o emprego dos mozos, o cambio demográfico e o retorno social do investimento. As cidades presentarán as súas boas prácticas e, xunto ás partes interesadas da UE, discutirase a política actual e os desafíos que se formulan no futuro. CFAI está apoiado polo programa PROGRESS, como parte do marco de colaboración entre a Comisión Europea e Eurocities, a rede de grandes cidades europeas.
Esta conferencia terá lugar o próximo 25 de septiempre en Bruxelas.
Para máis información consultar a páxina web del evento [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130913_CfAI-conf.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.eurocities.eu/eurocities/events/Cities-for-Active-Inclusion-final-conference-