
Máis da metade dos responsables de recursos humanos enquisados na nova sondaxe Deloitte Volunteer Impact 2013 considera que as actividades de voluntariado son beneficiosas para a empresa.
Un dos resultados obtidos mediante a sondaxe, realizado a uns douscentos responsables de recursos humanos dos Estados Unidos, é que o 65% dos executivos enquisados valora o voluntariado como unha actividade beneficiosa para os empregados. A porcentaxe dispárase ata o 88% á hora de establecer unha correlación entre as actividades de voluntariado corporativo e a mellora da reputación empresarial.
Ademais, segundo recolle a axencia Servimedia, un 52% dos responsables de recursos humanos enquisados sinala que o voluntariado é un elemento importante dentro da cultura da súa organización. Por outro lado, o 81% dos que responderon á sondaxe de Deloitte afirmaron que, á hora de avaliar un candidato, teñen en conta a súa experiencia no ámbito do voluntariado, especialmente se se trata dunha persoa recén licenciada.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130902_cooperacion.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()