Santiago,
22/07/13 (09:28)
Unha mágoa que a páxina oficial de turismo, Turgalicia, non conte no seu buscador coa posibilidade de discriminar por accesibilidade, pero aquí van outros recursos que si se adaptan ás nosas necesidades:
- Lugo accesible (http://www.lugoaccesible.net/index.php?lang=gl ): Guía elaborada por Auxilia Lugo en colaboración co Concello. A páxina conta con listas de locais públicos, información sobre transporte, etc. O peor: a muralla segue sen estar adaptada!
- Guía Coruña Accesible (http://www.corunaaccesible.com/ ): Asinada porlo Grupo de Persoas con Discapacidade de A Coruña (GRUMICO). Similar á anterior, conta con listas de praias, aseos, bares, hoteis e restaurantes adaptados, ademais de información sobre transporte e aloxamento na cidade da Coruña.
- Pontevedra Monumental Accesible (http://www.visit-pontevedra.com/esp/25/232/pontevedra+monumental+accesible.html ): Esta páxina é un apartado da web de turismo do Concello, e inclúe un folleto en pdf con rutas adaptadas e un mapa de referencia.
- Ocio Adaptado. Ourense (http://www.ocioadaptado.com/galicia/orense/dirInteres.html ): Pequena guía de recursos da cidade destinados ás persoas con discapacidade: asistencia persoal, vehículos adaptados, etc.
- Rías Baixas. Turismo para tod@s (http://www.riasbaixas.depo.es/web2009/adjuntos/cEnlacesDescargas/575_1_turismo.pdf ): Guía editada pola Deputación de Pontevedra cunha ampla información sobre praias adaptadas, ademais do acceso á cultura, actividades de lecer, aloxamentos e restauración, etc.
- O Salnés (http://signo-geo.com/web/?p=555 ): Folletos, fichas e audioguías de tres roteiros accesíbeis na comarca do Salnés.
- Xacobeo Accesible (http://accesible.xacobeo.es/ ): Curiosa e interesante guía sobre as etapas adaptadas do Camiño Francés, elaborada polo Xacobeo.
- Guías PREDIF (http://www.predifgalicia.org/galego/actualidad/ver/id_categoria=0x8C3F0F3A893411DB891ABF3B17C91422 ): A Plataforma Representativa Estatal de Discapacitados traballa no ámbito do lecer e do turismo accesíbel, e conta con de guías de restaurantes, casas rurais e hoteis adaptados. Ademais, na páxina web dispoñen dun buscador de recursos accesíbeis.
- Guía Alojamientos Accesibles (http://www.turgalicia.es/docs/mdaw/mte5/~edisp/turga119626.pdf?langId=es_ES ). Elaborada por PREDIF para Turgalicia, conta con ampla e detallada información sobre aloxamentos accesíbeis en toda a comunidade autónoma, clasificados por provicias explicitando o tipo e nivel de accesibilidade.
Tema: Xeral
Fonte:
FEGADACE