
EDE (Asociación Europea para a Administración e os Provedores de servizos de coidado a longo prazo para os anciáns) celebrará do 26 ao 28 de setembro un congreso en Tallin (Estonia), para abordar o uso das novas tecnoloxías na atención a longo prazo.
Nos últimos anos o desenvolvemento de diversos dispositivos, sensores, solucións de software, redes de comunicación, sistemas de navegación e posicionamento, así como moitas outras solucións técnicas achegaron numerosas posibilidades para axudar aos anciáns e outras persoas con limitacións ou discapacidades para manter e mellorar a súa autonomía e calidade da vida.
Os sistemas sociais e sanitarios - e especialmente os xerentes dos servizos de atención a longo prazo (LTC) - deben enfrontar o desafío de implementar e integrar estas solucións nas súas organizacións, procesos e mecanismos de financiamento e de motivar á súa dirección, o persoal e os clientes para atopar formas eficientes de utilizar as solucións técnicas existentes nas súas rutinas diarias. O obxectivo é utilizar as novas tecnoloxías para axilizar o traballo dos coidadores, facendo a vida dos clientes máis independente, cómoda e segura.
Para ler a noticia completa pica aquí [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130717_Congreso Tallinn.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://ec.europa.eu/social/main.jsp?langId=en&catId=88&eventsId=835&furtherevents=yes