
Obradoiro destinado a abordar a prevención e sensibilización fronte ao ciberacoso, promovendo un uso seguro, responsable e respectuoso das tecnoloxías e das redes sociais.
Contidos a tratar: que é o ciberacoso e como identificalo, principais situacións de risco na contorna dixital, sinais de alerta, pautas de prevención e recomendacións sobre como actuar ante un posible caso. Valorarase especialmente un enfoque práctico, mediante exemplos, casos ou pequenas dinámicas que permitan reflexionar sobre comportamentos adecuados na contorna dixital.
Búscanse persoas voluntarias con coñecementos ou experiencia na materia para impartir 1 ou 2 xornadas de 2 horas, en horario de tarde, entre as 16:00 e as 21:00 horas.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/12002