
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza un novo ciclo de obradoiros Girl STEAM en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), co obxectivo de dar visibilidade ao rol da muller no eido tecnolóxico e a presenza das mulleres nas carreiras STEAM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas), así como espertar vocacións tecno-científicas entre as rapazas.
As actividades desenvolveranse entre os meses de xullo, agosto e setembro, a través da realización de obradoiros de carácter práctico e presencial nas aulas CeMIT de 14 concellos de toda Galicia. Este novo ciclo de obradoiros dará comezo este luns 8 na aula CeMIT de Moaña. Posteriormente haberá obradoiros en Arzúa, Leiro, Betanzos, Cuntis, Brión, Poio, Celanova, Vigo, Ortigueira, Quiroga, Santa Comba, Valga e Guitiriz. Adicionalmente, os días 5 e 6 de setembro tamén se celebrará un obradoiro no Centro Gaiás Tech na Cidade da Cultura.
Cada concello contará con dúas quendas por idade de 4 horas de duración, unha para escolares de 8-11 anos e outra para idades comprendidas entre os 12-15 anos, cun aforo máximo de 15 persoas por quenda.
Nos obradoiros achegarase ao alumnado ao funcionamento das placas micro:bit, que son tarxetas programables de aprendizaxe. Aprenderán a identificar as súas principais funcións e a programalas con diferentes comandos. Traballarase en grupo na construción e programación dun proxecto dos 20 modelos que ofrece o kit de robótica e construción co que contan as aulas CeMIT. Unha vez superada esta primeira fase, continuarase o traballo coa placa para a elaboración dun proxecto libre sobre estruturas realizadas con materiais reciclables, como botellas, cartóns, madeira ou tecidos.
Con esta iniciativa búscase impulsar actividades lúdico-formativas de inmersión tecnolóxica que acheguen ás rapazas desde idades temperás ás novas tendencias tecnolóxicas co fin de espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM e apostar por profesións do ámbito TIC.
8 de xullo: Moaña – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos [3]
12 de xullo: Arzúa – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos [4]
15 de xullo: Arzúa – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos [5]
16 de xullo: Leiro – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos [6]
17 de xullo: Leiro– Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos [7]
18 e 19 de xullo: Betanzos– Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos [8]
18 e 19 de xullo: Betanzos– Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos [9]
22 de xullo: Cuntis – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos [10]
23 de xullo: Brión – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos [11]
24 de xullo: Cuntis – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos [12]
29 de xullo: Brión – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos [13]
30 de xullo: Poio – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos [14]
31 de xullo: Celanova – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos [15]
31 de xullo: Poio – Obradoiro Girl STEAM para a rapazada de 12 a 15 anos [16]
5 de agosto: Vigo – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos [17]
6 de agosto: Vigo – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos [18]
8 e 9 de agosto: Ortigueira – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos [19]
8 e 9 de agosto: Ortigueira – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos [20]
12 de agosto: Celanova – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos [21]
13 de agosto: Quiroga – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos [22]
14 de agosto: Quiroga – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos [23]
16 de agosto: Santa Comba – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos
19 de agosto: Moaña – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos [24]
20 de agosto: Santa Comba – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos
21 e 22 de agosto: Valga – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos [25]
21 e 22 de agosto: Valga – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos [26]
4 de setembro: Guitiriz – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos [27]
5 de setembro: Guitiriz – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos [28]
5 de setembro: Centro Gaiás Tech – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos
6 de setembro: Centro Gaiás Tech – Obradoiro Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11860.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46525
[4] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46493
[5] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46495
[6] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46428
[7] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46429
[8] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46535
[9] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46536
[10] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46474
[11] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46514
[12] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46475
[13] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46515
[14] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46650
[15] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46702
[16] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46651
[17] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46313
[18] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46314
[19] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46642
[20] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46643
[21] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46703
[22] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46706
[23] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46709
[24] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46530
[25] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46678
[26] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46680
[27] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46658
[28] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46660