
Gigaset [3] establece novos estándares para o uso intuitivo e sinxelo dos teléfonos, e faino pensando en toda a familia. Dispositivos como o E500 ou o E310 están indicados especificamente para os membros máis maiores da casa: dispoñen de teclas máis grandes, iluminadas e claramente definidas que fan aínda máis doado aos maiores o uso do teléfono. Pantallas gráficas de alto contraste garanten unha clara lectura dos carácteres. Ademais, é posible incrementar o tamaño das letras. Os seus sinxelos menús aseguran unha navegación libre de trabas: claramente lexibles e intuitivos, permiten ao usuario moverse sen dificultade ata a función desexada.
Son nítido e volume máis alto
A compañía integra as últimas innovacións na área da acústica. Cunha nitidez de son excepcional e un volume máis alto, estes teléfonos están desenvolvidos para dar tamén resposta ás necesidades especiais dos que utilizan audiófono. Hai persoas con discapacidade auditiva que escoitan mellor os rangos de frecuencia máis elevados, mentres que outros oen con maior claridade aqueles sons que se enmarcan en frecuencias máis baixas. Por ese motivo, o teléfono Gigaset E310 ofrece dous perfís sonoros diferentes que permiten modificar o rango de frecuencia de reprodución do son. O sistema de audio de primeira categoría dos dispositivos de Gigaset complétase cunha función de mans libres e un sistema de axuste rápido de volume (mesmo no transcurso dunha conversación) a través dos botóns situados no lateral do teléfono.
Outra das características destes dispositivos para maiores é que son 100% ergonómicos grazas a superficies antideslizantes, textura especial na zona de agarre e sistema de mans libres.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/IMG_130628_Gigaset.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.gigaset.com/es_ES/home.html