
O Proxecto de Transformación Dixital para a Innovación de FADEMGA Plena Inclusión comeza a dar os seus primeiros pasos coa organización dun curso destinado á mellora das competencias dixitais das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento [3]. As actividades formativas levaranse a cabo ao remate do verán.
Esta formación busca capacitar ás persoas con discapacidade intelectual nas competencias recollidas no Marco Digcomp-2-2 así como mellorar a súa metacognición, autonomía e sociabilidade no eido dixital. Uns obxectivos que teñen como base a superación da fenda dixital do colectivo. O curso contará con 6 módulos de 10 horas cada un. Cada módulo contén actividades que reforzan o aprendido así como foros para interactuar co resto das persoas participantes. Aínda que as actividades serán en liña, o alumnado contará cun titor ou titora que lles servirá de apoio en todo o proceso formativo. FADEMGA achegou un documento PDF en liña con toda a información relativa ao curso [4].
O prazo para a achega de solicitudes remata o 15 de setembro. O período de realización do curso comprenderá os meses de setembro a decembro organizadas da seguinte maneira:
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11784.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://fademga.plenainclusiongalicia.org/es/mas-noticias/noticias/1930-curso-adquisicion-de-competencias-dixitais-para-persoas-con-discapacidade-intelectual
[4] https://fademga.plenainclusiongalicia.org/dmdocuments/2023.%20Dixitalizacion%20para%20persoas%20con%20discapacidade%20intelectual.pdf