
A nave de servizos náuticos de Porto do Son vai acoller este mes de agosto, en catro quendas, un Obradoiro de Novas Tecnoloxías para persoas maiores do concello [3]. Impartirase os días 1, 8, 22 e 29 de agosto. Será unha actividade cen por cen de balde. As inscricións cómpre facelas antes do 21 de xullo a través da área municipal de Servizos Sociais, en horario de 10.00 a 12.00 horas (máis información no teléfono 981 867 412).
O obradoiro vén da man da Xunta, a Fundación Amigos de Gailcia e o Concello. A actividade formativa está destinada a persoas de 65 anos ou máis, que poderán familiarizarse grazas ás sesións programadas en cuestións como os usos da máquina de quendas das administracións locais e os centros de saúde, dos caixeiros automáticos, dos teléfonos móbiles intelixentes ou das aplicacións móbiles máis estendidas (por exemplo a app do SERGAS).
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11776.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.facebook.com/photo/?fbid=590610773218599&set=a.499560452323632