
A Rede CeMIT, liderada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, participa nos actos conmemorativos do Día de Internet, que se celebra o 17 de maio, baixo o lema “Cidadanía dixital dereitos e oportunidades”, organizados pola Asociación Somos Digital [3].
CeMIT desenvolverá unha sesión online para responsables de centros de competencias dixitais, en colaboración co GaiásTech, sobre a “Inclusión dixital: a tecnoloxía como ferramenta de accesibilidade para a cidadanía [4]”, que terá lugar mañá, 9 de maio, en horario de 10:00 a 12:00 horas.
Durante esta xornada, dirixida pola mestra en pedagoxía terapéutica e psicopedagoga Sara García, trataranse temas como o Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA), piar fundamental para o cambio cara á inclusión na formación.
A través desta sesión, a Rede CeMIT [5] da continuidade á súa labor de impulso e mellora das competencias dixitais da cidadanía, así como a súa autonomía á hora de empregar a tecnoloxía, poñendo en valor o traballo realizado polo persoal dinamizador das súas aulas.
A programación formativa compleméntase con outras dúas propostas impulsadas desde a Asociación Somos Digital. A primeira delas será o Escape Room “Cidadanía Dixital e Dereitos Dixitais na aula [6]”, ao que se poderá acceder desde os centros de competencias dixitais de toda España entre o 16 e o 30 de maio. Trátase dunha actividade interactiva que permitirá realizar unha viaxe polo “Mundo Dixital”, realizando preguntas sobre que é a Cidadanía Dixital e cales son os dereitos dixitais que garanten o acceso, o uso responsable e a seguridade no uso diario da tecnoloxía.
O ciclo de webinars terá lugar entre o 4 e o 19 de maio e agrúpase en 4 temáticas: cidadanía dixital inclusiva [7], cidadanía dixital segura [8], cidadanía dixital e e-Administración [9] e cidadanía dixital e dereitos [10], que responden á actividade de promoción e acompañamento aos distintos grupos de poboación que veñen realizando os centros de competencias dixitais.
O 17 de maio é a data designada pola ONU para a conmemoración a nivel mundial do proxecto de dinamización social que se constrúe ao redor das novas tecnoloxías. O Día Mundial da Sociedade da Información celébrase anualmente e serve para dar a coñecer mellor a importancia que ten este recurso mundial e, en especial, as posibilidades que poden ofrecer as TIC á sociedade e á economía e as diferentes formas de reducir a fenda dixital.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11757.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://somos-digital.org/
[4] https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfM0qAvWL8JOo6q2tkr2GifLGwaoVVvVhfINguM5nwpc0BvOw/viewform
[5] http://cemit.xunta.gal/
[6] https://somos-digital.org/diadeinternet/
[7] https://somos-digital.org/diadeinternet/#tematica1
[8] https://somos-digital.org/diadeinternet/#tematica2
[9] https://somos-digital.org/diadeinternet/#tematica3
[10] https://somos-digital.org/diadeinternet/#tematica4