
A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia inicia o día 28 de marzo un novo ciclo formativo en materia de ciberseguridade orientado a cidadanía, especialmente ás persoas maiores.
Baixo o lema “O teu día a día en liña, con seguridade” estas sesións buscan non deixar a ninguén atrás en materia de competencias dixitais e ciberseguridade. Desenvolveranse de xeito presencial nas aulas CeMIT de 17 concellos de toda Galicia e no centro GaiásTech, na Cidade da Cultura.
O prazo de inscrición xa está aberto e pode realizarse a través da páxina web da Rede CeMIT [3] ou de xeito presencial nas aulas de A Cañiza [4], Fisterra [5], Ribeira [6], Leiro [7], O Barco [8], Abegondo [9], Ortigueira [10], Monforte [11], Cuntis [12], Celanova [13], Cerceda [14], Tomiño [15], Ribadeo [16], Quiroga [17], A Fonsagrada [18], Betanzos [19], Gaiás Tech [20] e Pontevedra [21].
As xornadas farán foco nos riscos cos que nos podemos atopar na contorna virtual e exporán as medidas para poder previlos, facilitando un uso seguro da tecnoloxía sen abusos.
É a segunda edición deste ciclo, que se enmarca nas actividades do Nodo CIBER.gal para dar cobertura ás necesidades da cidadanía, empresas e administracións públicas en materia de ciberseguridade.
|
Aulas participantes |
Datas e horarios |
|
A Cañiza [4] |
28 de marzo de 11:00 a 12:00 horas. |
|
Fisterra [5] |
30 marzo de 17:00 a 18:30 horas. |
|
Ribeira [6] |
3 de abril de 11:30 a 13:00 horas. |
|
Leiro [7] |
4 de abril de 11.00 a 12:30 horas. |
|
O Barco [8] |
5 de abril de 11:00 a 12:30 horas. |
|
Abegondo [9] |
9 de maio de 11:00 a 12.30 horas. |
|
Ortigueira [10] |
10 de maio de 11:00 a 12.30 horas. |
|
Monforte [11] |
11 de maio de 12.00 a 13.30 horas. |
|
Cuntis [12] |
15 de maio de 11:00 a 12:30 horas. |
|
Celanova [13] |
16 de maio de 11:00 a 12:30 horas. |
|
Cerceda [14] |
19 de maio de 12:30 a 14:00 horas |
|
Tomiño [15] |
22 de maio de 11:30 a 13:00 horas |
|
Ribadeo [16] |
23 de maio de 11:30 a 13:00 horas |
|
Pontevedra [21] |
6 de xuño de 13.30 a 15:00 horas |
|
Quiroga [17] |
12 de xuño de 12:30 a 13:30 horas |
|
A Fonsagrada [18] |
20 de xuño de 12:00 a 13:00 horas |
|
Betanzos [19] |
21 de xuño de 11:00 a 12:00 horas |
|
GaiásTech [20] |
4 de maio de 16:00 a 17:30 horas |
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia autonómica, que conta coa colaboración de 90 concellos e está integrada por 96 centros. Entre os seus obxectivos está o de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.
A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en: https://cemit.xunta.es/centros [22].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11734_0.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/
[4] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/41472
[5] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/41473
[6] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/41474
[7] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/41475
[8] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/41476
[9] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/41477
[10] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/41478
[11] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/41479
[12] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/41480
[13] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/41481
[14] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/41482
[15] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/41483
[16] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/41484
[17] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/41496
[18] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/41523
[19] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/41495
[20] https://everisgroup.sharepoint.com/sites/CeMIT_eConcello_21_23_017079/Documentos%20compartidos/General/03%20Trabajo_CeMIT/04%20Operativa_Servizos/01%20Iniciativas_Aliados/Iniciativas_Amtega/2023/Ciberseguridad/:%20https:/forms.gle/nsP8EM61n4JroKiD9
[21] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/41593
[22] https://cemit.xunta.es/centros