
O Centro Sociocomunitario do Carballiño solicita o apoio de persoas voluntarias para a realización do curso "Manexo básico de dispositivos móbiles Android" dirixido aos seus usuarios, personas maiores de 65 anos, no seu centro de Carballiño.
O apoio dividirase en 5 sesións de 90 min de duranción cada unha delas. As temáticas deben centrarse nos seguintes puntos: Chamadas telefónicas, uso axenda móbil, uso de whatsapp / Uso básico da cámara e galeria / Conta de correo electrónico no móbil (axuntar datos, descargar e gardar arquivos) / Acceso a Internet seguro / Algúns trámites coa Administración electrónica (Sergas, permisos de queima...) / Apps sinxelas para xente maior
Tanto os horarios como as datas están abertas á dispoñibilidade das persoas voluntarias. A/as persoas intesadas poden realizar unha ou varias sesión segundo o seu interese.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/11643