
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), arranca hoxe o Programa Girl Steam [3] en colaboración coa Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) co obxectivo de motivar e favorecer un uso creativo da tecnoloxía así como igualitario entre rapazas e rapaces, derrubando os estereotipos.
As actividades desenvolveranse entre os meses de xullo, agosto e setembro a través da realización de obradoiros de carácter práctico e presencial nas aulas CeMIT de 16 concellos de toda Galicia. Este ano, búscase principalmente o achegamento a aqueles municipios máis pequenos e situados no rural galego. O programa comezou hoxe na aula CeMIT de Cuntis [4] e durante esta primeira semana desenvolveranse xornadas tamén en Tomiño [5] e Celanova [6] ás que lle seguirán Carballedo [7], Fisterra [8], Guitiriz [9], Riotorto [10], Castrelo de Miño [11], Leiro [12], A Cañiza [13], Santa Comba [14], Ribadeo [15], Ortigueira [16], Betanzos [17], Arzúa [18], e adicionalmente este ano tamén celebrarase no Centro GaiásTech [19] na Cidade da cultura.
Cada concello contará con dúas quendas por idade, unha para a rapazada de 8-11 anos e outra para idades comprendidas entre os 12-15 anos. O aforo máximo por quenda será de 15 e as sesións dispoñibles poden consultarse a través da páxina web de CeMIT [3], desde onde se poderá reservar a praza e desde a web de DigiTalent [20].
O alumnado participante tomará contacto coa tecnoloxía de forma creativa e inspiradora, con actividades como a creación de circuítos en papel, programación de videoxogos propios con scratch (unha linguaxe de programación creada polo MIT para persoas que se inician neste ámbito) ou a creación de “cómics” interactivos con makey makey (un kit de creación interactivo para experimentar, investigar e ideal para practicar nunha contorna real a programación con Scratch).
Ademais, as nenas e nenos que asistan aos obradoiros terán a posibilidade de realizar outro tipo de proxectos, máis avanzados, que requiren coñecementos e experiencia en programación e involucran o uso de diferentes sensores e actuadores, así como a elaboración de postais pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva, entre outras actividades.
Amtega e Agasol buscan con este programa visibilizar roles e motivar as vocacións tecnolóxicas entre as nenas e empoderar ás rapazas para que aposten por carreiras STEAM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas) e polas profesións do ámbito TIC.
Esta actividade enmárcase no Convenio de colaboración de carácter anual entre a Amtega e Agasol a nas liñas de acción do Plan DigiTalent da Xunta de Galicia [21] que entre outros obxectivos ten os de estimular o talento precoz no ámbito TIC e fomentar o atractivo vocacional das profesións científico-tecnolóxicas.
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega que conta coa colaboración de 91 concellos e está integrada por 97 centros en 52 comarcas que ten entre os seus obxectivos o de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.
A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en: http://cemit.xunta.es/centros [52].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11628.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/proxectos-e-iniciativas/obradoiros-steam-para-rapazada-de-8-15-anos-veran-2022
[4] https://cemit.xunta.gal/gl/centros/cuntis
[5] https://cemit.xunta.gal/gl/centros/tomino
[6] https://cemit.xunta.gal/gl/centros/celanova
[7] https://cemit.xunta.gal/gl/centros/carballedo
[8] https://cemit.xunta.gal/gl/centros/fisterra
[9] https://cemit.xunta.gal/gl/centros/guitiriz
[10] https://cemit.xunta.gal/gl/centros/riotorto
[11] https://cemit.xunta.gal/gl/centros/castrelo-de-mino
[12] https://cemit.xunta.gal/gl/centros/leiro
[13] https://cemit.xunta.gal/gl/centros/caniza
[14] https://cemit.xunta.gal/gl/centros/santa-comba
[15] https://cemit.xunta.gal/gl/centros/ribadeo
[16] https://cemit.xunta.gal/gl/centros/ortigueira
[17] https://cemit.xunta.gal/gl/centros/betanzos
[18] https://cemit.xunta.gal/gl/centros/arzua
[19] https://gaiastech.xunta.gal/gl/actividades
[20] https://digitalent.xunta.gal/es/iniciativa/girl-steam
[21] https://digitalent.xunta.gal/
[22] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39070
[23] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39071
[24] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39072
[25] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39073
[26] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39074
[27] https://forms.gle/j3qhntrku4KXaXgw5
[28] https://forms.gle/yWQD73xUZW48dKZQA
[29] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39077
[30] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39078
[31] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39079
[32] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39080
[33] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39082
[34] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39083
[35] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39081
[36] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39084
[37] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39085
[38] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39086
[39] http://17 de agosto: Leiro - Obradoiro Steam para rapazada (12-15 anos)
[40] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39089
[41] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39088
[42] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39092
[43] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39090
[44] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39093
[45] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39091
[46] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39094
[47] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39095
[48] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39097
[49] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39096
[50] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39098
[51] https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39099
[52] http://cemit.xunta.es/centros