
Accessibilitech [2] é unha iniciativa financiada pola UE dedicada a mapear tecnoloxías accesibles e darlles máis visibilidade tanto para os usuarios finais como para as empresas en toda Europa e dentro desta iniciativa creouse Accessibilitech Hackathon.
DIGITALEUROPE [3] e a Fundación ONCE [4] asociáronse con Microsoft [5] para crear Accessibilitech Hackathon, un evento altamente interactivo que, no marco do proxecto Accessibilitech [2], ten como obxectivo crear conciencia sobre as tecnoloxías inclusivas e promover solucións tecnolóxicas accesibles para cidadáns e organizacións de toda Europa. Ademais, o seu obxectivo é activar a industria das TIC e as comunidades empresariais nos esforzos por desenvolver produtos e servizos tecnolóxicos máis accesibles na UE e máis aló.
Durante o evento, os participantes terán a oportunidade de poñer en práctica a súa curiosidade, creatividade e habilidades profesionais, resolvendo desafíos de futuro que teñen o potencial de facer que a tecnoloxía nas áreas de teletraballo, teleasistencia e e-learning sexa máis accesible e inclusiva.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/actividades/img_actividade_11601.jpeg
[2] https://accessibilitech.accessibilitas.es/en/home/
[3] https://www.digitaleurope.org/
[4] https://www.fundaciononce.es/es
[5] https://www.microsoft.com/
[6] https://www.discapnet.es/evento/hackaton-accesibilidad-tecnologica