
O Concello de Brión, en colaboración coa Fundación Mulleres, convoca nove cursos formativos gratuítos dirixidos a mulleres de 18 a 65 anos: nove actividades formativas que collerán corpo definitivo unha vez que haxa oito mulleres inscritas a través da web municipal [3], tendo preferencia as mulleres empadroadas en Brión.
Así, o Concello de Brión oferta seis cursos presenciais, de 6 horas cada un, sobre cuestións relacionadas coa busca activa de emprego: competencias dixitais, como preparar unha entrevista de traballo, como elaborar un currículo vitae e unha carta de presentación, manexo da rede social Linkedin, motivación ao emprendemento e educación financeira. Os outros tres cursos son de maior duración e terán lugar en liña: técnicas de busca de emprego (20 horas), procesos de selección (10 horas) e competencias persoais, que se desenvolverán ao longo de varias xornadas formativas. Máis información e inscricións na Casa da Cultura, no 981 50 99 08 (ext 32), empregobrion@gmail.com [4] ou a web municipal [3] (sección actividades-formación).
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11584.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.concellodebrion.gal/
[4] mailto:empregobrion@gmail.com