
Actividade lúdico-formativa para que os centros de competencias dixitais de toda España e as persoas maiores realicen conxuntamente formación no uso de tecnoloxía e compitan por ser o centro máis saudable, o que suba a imaxe que máis guste, ou o primeiro en saír dun Escape Room virtual.
As persoas participantes aprenderán a manexar, entre outras ferramentas, aplicacións que miden pasos e distancias para sumar km. e tentar completar o Camiño de Santiago. Os km. percorridos desde os seus lugares de orixe e roteiros sumaranse aos que fagan as outras persoas que se apunten ao reto no seu Centro de competencias dixitais e trasladaranse a un camiño virtual, que poderán seguir vía web.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/actividades/img_actividade_11551_0.jpeg
[2] https://somos-digital.org/diadeinternet/#reto