
A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) solicita a colaboración dunha persoa voluntaria para a realización do curso "Uso do correo electrónico para usuarios/as xordos/as" na aula CeMIT de Narón. Os contidos formativos a tratar son os seguintes: Por que debería ter un correo electrónico?; A que servizos podería acceder cun correo?; Como crear unha conta de correo, Comenzando a utilizar o correo paso a paso; O teu correo electrónico no teu móbil; Algúns servizos para o emprego aos que podes acceder co teu correo electrónico. Igualmente a Asociación proporcionará á persoa voluntaria un guión que sirva como base para o desenvolvemento da formación. O horario está aberto á dispoñibilidade da persoa voluntaria.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/11541