
Este 22 de marzo a Casa da Cultura de Porto do Son vai acoller un obradoiro de alfabetización dixital para persoas maiores [3], ao abeiro do programa de actividades formativas Rompendo Barreiras da Cruz Vermella, dirixidas a combater a fenda dixital que separa cada vez máis (sobre todo por mor da exclusión propiciada polas entidades bancarias e a pandemia) á poboación sénior do ámbito tecnolóxico.
As inscricións poden facerse a través dos teléfonos 981 825 405 e 981 867 414 (Benestar Social de Porto do Son). En palabras da Cruz Vermella, estes obradoiros están concibidos para achegar o ámbito dixital ás persoas que “máis que nunca na pandemia” viron sumarse ás súas dificultades habituais as propias de non coñecer como acceder a moitos servizos que esixen coñecementos tecnolóxicos”.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11538.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.facebook.com/culturaportodoson/photos/a.1460176754272817/2885426708414474/