
A investigadora do CITIC (Centro de Investigación TIC da UDC) Thais Pousada impartiu o pasado xoves 24 de febreiro unha charla divulgativa sobre tecnoloxía de apoio [3] dirixida a estudantes de 2º de ESO do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo. A actividade foi realizada coa contribución de Enxeñería sen Fronteiras, asociación coa que o CITIC mantén un convenio de colaboración.
Thais Pousada explicou ao alumnado as capacidades e necesidades que poden ter as persoas con diversidade funcional na súa vida diaria, e presentou diferentes resultados do deseño e creación de produtos de apoio a través dunha impresora 3D, poñendo o foco en metodoloxías concretas para pór en funcionamento unha impresora destas características. A investigadora animou ás rapazas e rapaces a colaborar, cos seus coñecementos e espírito innovador, co tecido asociativo.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11520.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://citic.udc.es/gl/thais-pousada-imparte-unha-charla-para-escolares-sobre-tecnoloxia-de-apoio/