
Amazon GAMERGY MAPFRE Edition, a cita de esports e videoxogos máis esperada do ano en España, contará na súa parte presencial, que terá lugar os próximos 17, 18 e 19 de decembro, coa participación da Fundación ONCE. Poñeranse ao dispor dos visitantes dúas casetas nas zonas de Amazon UNIVERSITY Esports e JUNIOR Esports para dar a coñecer como as persoas con discapacidade [3] poden acceder ao mundo dos videoxogos, un aspecto esencial do lecer e a cultura no século XXI.
Na caseta de Amazon UNIVERSITY Esports instalaranse dous postos diferentes de xogo, ambos os dous adaptados. Un deles incorporará unha XBOX One, cun mando e un Adaptive controller. O segundo, unha Nintendo Switch e dous mandos. Ademais, cada consola dispoñerá dun televisor, variando das 49 ás 55 polgadas de tamaño.
No caso da caseta de JUNIOR Esports, o equipamento será moi similar. A única diferenza será que, xunto á Nintendo Switch e os seus dous mandos, estará dispoñible un Horipad.
Esta presenza da Fundación ONCE en Amazon GAMERGY MAPFRE Edition ten varios obxectivos, pero todos eles pódense resumir nunha idea principal: concienciar e visibilizar o acceso de persoas con discapacidade ao mundo dos videoxogos.
Con esta finalidade, búscase sensibilizar a través dos postos de xogo adaptados, fomentar experiencias reais parecidas ás que senten este colectivo, maior visibilidade, compresión e entendemento da tecnoloxía adaptada [4] e, finalmente, gravar unha aftermovie da experiencia en Amazon GAMERGY MAPFRE Edition.
Como broche final, nestes postos repartiranse unha serie de flyers informativos, mascotas, USB con contido informativo, un videoxogo sorpresa e merchandising de JUNIOR Esports e Amazon UNIVERSITY Esports.
Ademais, a Fundación ONCE terá un espazo en cada unha das casetas. Neles incluirase un desafío para os asistentes onde haberá un posto de XBOX co XBOX Adaptive Controller e un posto de Nintendo Switch co periférico HORIFLEX.
O desafío estará preparado para retar a persoas con ou sen discapacidade, mostrándolles as posibilidades que existen para que as persoas con discapacidade poidan xogar e supoña unha experiencia de sensibilización a persoas sen discapacidade co obxectivo de que coñezan as medidas de accesibilidade que existen no mundo dos videoxogos. Desta forma, poderán compartir estar novas posibilidades con familiares, amigos e coñecidos.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/img_nova_11459.jpeg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.discapnet.es/areas-tematicas/salud/discapacidades
[4] https://www.discapnet.es/areas-tematicas/tecnologia-inclusiva